Este contido necesita Adobe Flash Player

viernes, 22 de octubre de 2010

2xMil particita en Lugo Compite+

Lugo Compite+ arrinca cunha análise sobre a situación das PEMES lucenses debido a crise

As 25 empresas que participan no programa anti-crise da Deputación abordan de forma conxunta os problemas económicos que están atravesar
A Deputación pon en marcha o pioneiro programa anti-crise Lugo Compite + cunha sesión conxunta para analizar o escenario das PEMES lucenses. Deste xeito, as 25 empresas participantes mantiveron unha reunión na que puxeron en común os problemas económicos que están atravesar.

Trátase da primeira sesión de asistencia conxunta que manterán ó longo das vindeiras seis semanas. En total, recibirán 25 horas de consultorías conxuntas, o 10% da duración total de Lugo Compite+. O obxetivo destes encontros é estudar a realidade actual das PEMES de Lugo mediante o intercambio de experencias sobre os mesmos problemas.

As consultorías individuais, o 90% do programa anti-crise do organismo provincial
-225 horas- , comenzarán este martes con entrevistas personalizadas na que os expertos económicos analizarán os eixos prioritarios e os factores críticos de cada entidade. Logo desta primeira fase de diagnose e detección de problemas xerais, abordarase a situación por áreas tales como a contabilidade ou os asuntos fiscais, para finalmente, marcar un plan de actuación personalizado.

Lugo Compite+ é un programa totalmente práctico. Deste xeito, os participantes terán un calendario para seguir as recomendacións dos consultores encamiñadas, nun primeira fase, a destacar frente ós competidores e, nun segunda, a consolidar as melloras realizadas e potencir un crecemento sostible.

A Deputación, dentro da aposta polo tecido empresarial, sufraga o 100% deste programa supoñendo un custe cero para as PEMES, e aforrando cartos os empresarios da provincia xa que a contratación desta consultoría suporía un investimento por empresa de entre 4.500-6.000 euros, segundo os prezos reais no mercado de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario